Recital de poesía galega organizado polo Centro Galego de Bos Aires, 1956 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Recital de poesía galega organizado polo Centro Galego de Bos Aires, 1956

Eduardo Blanco Amor (Fotografado/a)
00/00/1956
Este recital foi dirixido por Eduardo Blanco-Amor, á esquerda, e nel participaron Fernando Iglesias “Tacholas”, Lita Soriano, Anita Fontas, Pilar Lebón e Lito López coa lectura de diversas obras de autores galegos.
O escritor e xornalista Eduardo Blanco-Amor foi unha das figuras máis destacadas da intelectualidade ao servizo da cultura galega no mundo da emigración e do exilio. Emigrou cara a Arxentina en 1919 e dende alí defendeu o ideario republicano e galeguista na prensa da colectividade. Destaca o seu labor na dirección das revistas Galicia e Céltiga e a súa obra literaria, que o converteu nun dos principais novelistas galegos do século XX. Tamén foi autor teatral e fundou unha escola de teatro na Universidad de La Plata e no Conservatorio Nacional Argentino.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1956
Entidades
Mención: Centro Galego. Bos Aires
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega