Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957) | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957)

Antonio Baltar Domínguez (Fotografado/a) · Eduardo Blanco Amor (Fotografado/a) · María Casares (Fotografado/a) · Rafael Dieste (Fotografado/a)
10/08/1957
A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) homenaxeou a esta actriz galega durante a súa visita a Arxentina, como integrante da compañía Théâtre National Populaire. En Bos Aires representou varias obras no Teatro Colón con grande éxito. Para os emigrados galegos e do exilio a súa presenza supuxo unha fonda afirmación colectiva de defensa dos ideais republicanos e galeguistas e provocou diversas homenaxes á súa persoa.
Na fotografía aparece María Casares falándolles aos asistentes nun acto celebrado no restaurante Lar Gallego do Centro Lucense. De esquerda a dereita: Mariví Villaverde, Antonio Baltar, Rafael Dieste, María Casares, Eduardo Blanco-Amor, o Dr. Blanco e a súa esposa.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
10/08/1957
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas

Fondo: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega