Anuncio da colección Dorna da editorial arxentina Emecé, ca. 1940 | Imaxe. Anuncio. Fragmento de publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Anuncio. Fragmento de publicación impresa

Anuncio da colección Dorna da editorial arxentina Emecé, ca. 1940

Arturo Cuadrado (Mencionado/a) · Luís Seoane (Mencionado/a)
Xa antes do seu exilio, Luís Seoane tivera unha intensa actividade como ilustrador de revistas e libros, traballando tamén no obradoiro tipográfico da Editorial Nós, para a que deseñou as cubertas dalgúns libros. En 1939 comezou a colaborar na editorial arxentina Emecé. Entre 1940 e 1942 dirixiu, xunto co seu amigo Arturo Cuadrado, dúas das súas coleccións dedicadas a temas e escritores galegos. "Dorna" estaba centrada na poesía e baixo o seu cuño publicáronse obras como Rojo farol amante (1940) de Rafael Dieste, Queixumes dos pinos (1940) de Eduardo Pondal, Cantigas de Macías o namorado (1941) e Cancionero popular gallego (1942) de José Pérez Ballesteros. A outra colección denominábase "Hórreo" e publicou sobre todo títulos de autores dos séculos XVIII e XIX, como o Padre Feijoo, Frei Martín Sarmiento ou Enrique Gil y Carrasco.
Tipo de material
Imaxe. Anuncio. Fragmento de publicación impresa
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega