Cartel deseñado por Luís Seoane para o Festival Céltico celebrado en Bos Aires, 1964 | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

Cartel deseñado por Luís Seoane para o Festival Céltico celebrado en Bos Aires, 1964

Luís Seoane (autoría)
31/05/1964
Este festival, organizado polos centros provinciais e o Centro Galego de Bos Aires, contou con numerosas colaboracións de delegacións dos países que teñen a cultura celta como referencia, tales que Escocia, Gales, Irlanda e Portugal. O xerme céltico da nosa cultura, xa defendido por Manuel Murguía, continuaba a ser un referente. O espectáculo tivo un grande éxito de público e nel participaron grupos de música e coros das entidades galegas en Arxentina, como o coro "Brétemas e Raiolas" do Centro Coruñés de Bos Aires e os grupos folclóricos "Breogán", "Residentes de Vigo", "Rosalía de Castro", "Arrieiros de Mos" e "Airiños".
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
31/05/1964
Entidades
Mención: Centro Galego. Bos Aires
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega