Carta de Carlos Tobío Fernández aos seus pais, 1939 | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Carta de Carlos Tobío Fernández aos seus pais, 1939

Carlos Tobío Fernández (autoría) · Lois Tobío Fernández (Mencionado/a)
30/12/1939
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Nesta carta, Carlos Tobío relátalle á súa familia as difíciles circunstancias da súa saída de España ata chegar a Cuba, onde por fin se reunira con seu irmán Lois. Grazas a ter uns tíos emigrantes na illa, estes irmáns conseguen permiso de entrada en 1939. De todos os modos, o Goberno cubano poñíalles numerosas trabas burocráticas para exercer a súa profesión aos refuxiados republicanos, polo que a súa estadía alí foi ás veces un paso previo cara a outros países máis receptivos, tal foi o caso dos irmáns Tobío Fernández, que marchan a México, ou de José Rubia Barcia, que acaba instalándose nos Estados Unidos.
Carlos Tobío, avogado e profesor, marchou uns meses despois para México, D.F. "reclamado" pola súa irmá María de los Ángeles e o seu cuñado, Pedro Martul Rey, quen con varios exiliados creara o Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón na capital azteca.
Tipo de material
Documento. Epístola
Data
30/12/1939
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
destino: Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Lois Tobío Fernández