Eduardo Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas. O terceiro pola dereita, de pé, é Xosé Velo. 1952 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Eduardo Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas. O terceiro pola dereita, de pé, é Xosé Velo. 1952

Eduardo Blanco Amor (Fotografado/a) · Xosé Velo Mosquera (Fotografado/a)
00/08/1952
Xunto a Blanco-Amor, están os exiliados galegos Pepe Velo, Juan Noya Gil e Mariano Otero Castelao. Tamén aparece Manuel Meilán (á beira de Velo), que foi presidente da Irmandade Galega de Venezuela.
Blanco-Amor foi convidado polo Centro Galego de Caracas para ditar unha serie de conferencias sobre a cultura galega. Tamén participou en diversas actividades na Casa de España, onde estaban afiliados moitos dos republicanos españois que residían en Venezuela, no Museo de Belas Artes, na Sociedad de Escritores Venezolanos e na Universidad de Zulia. As súas intervencións tiveron unha ampla repercusión na prensa e foron moi ben acollidas na colectividade galega.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/08/1952
Localizacións
orixe: Caracas, Venezuela
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega