Carta de Ledo a Seoane. 1964 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Ledo a Seoane. 1964

Luís Seoane (Destinatario/a) · Mimi Alonso da Cuña (Mencionado/a) · Francisco Fernández del Riego (Mencionado/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Xohán Ledo (Remitente)
00/00/1964
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
EDITORIAL GALAXIA S.A./Reconquista, 1/Telefono 18204/VIGO





Querido amigo: [1964]

Recibin o teu libro de grabados que foi moi do noso agrado, de Mimi e mais de min, amolos dous agradecemos moito o regalo. Hai grabados mañificos non somentes pola teinica, senon pola grandisima emotividades dos mesmos; pros que coñecemos a Venecia é realmente unha cidade ensoñada a que nos chega dende a tua obra, a suxerencia é direita e podente.
Andamos, Paco e mais eu, as voltas co libro dos teus grabados xa estan preparados os grabados e agardamos polo testo que dixo Domingo nos remesaría un distes dias. De seguida, farase a impresion. Confiemos en que seipamos e podamos facelo todo o ben que merece o tema.
Que traballes moito e con proveito. E agardando a vosa volta recibide Maruja e tí unha forte aperta e a nosa amistosa lembranza.

Ricardo García Suárez
Tipo de material
epístola
Data
00/00/1964
Medidas
Entidades
Mención: Editorial Galaxia
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Reconquista, 1
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane