Poesía galega do primeiro terzo do século XX / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Poesía galega do primeiro terzo do século XX

Descrición

Vídeo didáctico (12´ 16´´) elaborado por Nee Barros Fernández. Trátase da primeira entrega dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de que fosen de utilidade para o alumnado que estaba a preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
Neste vídeo ofrécenos, a xeito de resumo, os contidos incluídos no tema da poesía galega do primeiro terzo do século XX, centrándose concretamente nas Irmandades da Fala, unha organización nacionalista que tiña como obxectivos fundacionais a defensa, exaltación e fomento da lingua galega. A esta organización pertenceron poetas como Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas, dos que se ofrece un perfil biográfico e bibliográfico.


Metadatos