Material
Historias de ida e volta
Galicia onde todo retorna
Portada do xornal El Emigrado, financiado pola emigración, 16 de novembro de 1940
Detalle
En Galicia percíbese unha frutífera influencia das ideas e iniciativas políticas vividas en América polos nosos emigrantes. O desenvolvemento do agrarismo e do galeguismo non se pode entender sen este influxo, así como o papel protagonista de moitos retornados na formación de sociedades obreiras e sindicatos na Galicia do momento. É tamén salientable a presenza de xornalistas e escritores vinculados coa emigración na publicación dos xornais editados polas forzas progresistas da nosa terra.Neste contexto podemos citar a publicación de El Emigrado, que tivo unha gran repercusión na zona estradense e que puido editarse grazas aos envíos económicos dos emigrantes desta comarca residentes en Cuba e Arxentina. Este xornal, fundado en 1920, xurdiu coa idea de facer valer os dereitos dos estradenses en Galicia pero tamén na emigración. Nas súas páxinas, ademais de informar das noticias aquí e noutra beira do Atlántico, defende as ideas agraristas e as causas dos máis desfavorecidos.


