Lámina de Castelao, «Eu non quería morrer alá, sabe miña nai?» | Imaxe. Debuxo | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Debuxo

Lámina de Castelao, «Eu non quería morrer alá, sabe miña nai?»

Castelao (autoría)
00/00/1924
Para milleiros de galegos e galegas a emigración foi unha saída segura da miseria que se experimentaba nos seus fogares. O seu impacto económico e social como colectivo viuse reflectido en moitos aspectos: creación de escolas, cemiterios, lavadoiros comunitarios, edificacións de arquitectura indiana, desenvolvemento de empresas familiares etc. No entanto, as historias persoais non sempre tiñan bo final, xa que existían casos en que o emigrante volvía enfermo e endebedado. En numerosas ocasións o fracaso na aventura migratoria provocaba que o retorno non se producise nunca, pois os emigrantes sentían demasiada vergoña se regresaban coas mans baleiras, sen alcanzar o éxito esperado deles.
Tipo de material
Imaxe. Debuxo
Data
00/00/1924
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas

Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega