Material
Historias de ida e volta
Galicia onde todo retorna
Cun pé nos dous mundos, fotografía familiar enviada a Francisco Maseda, de viaxe de negocios en Cuba, 26 de xuño de 1926
Detalle
Desde 1920, ano do seu retorno, Francisco Maseda e a súa familia residen na Devesa, onde mandan construír unha magnífica casa cos adiantos do momento, seguindo os costumes de moitos emigrantes enriquecidos. Francisco continuaba xestionando desde Galicia os seus numerosos negocios e propiedades na illa, coa axuda dun encargado da súa confianza. Cos rendementos do seu patrimonio levou unha vida cómoda de rendista e converteuse nunha figura relevante entre os seus conveciños.En 1926 e 1934 temos constancia de varias viaxes a Cuba para solucionar problemas cos negocios. A súa familia quedará en Galicia. Nunha destas viaxes, a súa esposa Carmen envíalle esta fotografía, na que aparece cos seus catro fillos (vestidos de mariñeiros) e outros familiares nunha romaría na parroquia de Rinlo.


