Unha casa indiana na vila de Ares, 2019 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Unha casa indiana na vila de Ares, 2019

00/00/2019
Unha das aspiracións dos emigrantes que retornaron ás súas vilas e aldeas era construír unha vivenda que simbolizase o triunfo da súa aventura migratoria e o seu éxito económico. A casa dos indianos na primeira metade do século XX domina no medio rural polo seu deseño e modernidade en moitos servizos que non tiñan as casas tradicionais. Co retorno introduciuse unha arquitectura cosmopolita que se inseriu entre as casas tradicionais de moitas vilas galegas, ademais de xardíns e especies arbóreas exóticas para aquel momento, como poden ser as palmeiras, tan habituais na Galicia actual. Podemos salientar as casas indianas da comarca de Ferrolterra e da Mariña luguesa, aínda que en todas as vilas e aldeas galegas vemos exemplos destacados. Cos cartos da emigración as localidades galegas cambiaron e progresaron. Non só as residencias, senón tamén as escolas, igrexas, fontes, lavadoiros, camiños e parques contaron coas remesas dos emigrantes, que axudaron a modernizar o noso territorio.
Esta casa foi mercada e rehabilitada en 1922 por Nicolás López Cancela, emigrante aresán na illa de Cuba. Trátase dun exemplo dos moitos edificios indianos que hai neste concello.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/2019
Localizacións
orixe: Ares, A Coruña
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fotografía cedida polo concello de Ares, feita polo fotógrafo Anxo Fernández