Fun polo mar e vin polo aire, ca. 1980 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
Galicia onde todo retorna

Fun polo mar e vin polo aire, ca. 1980

Image 1
Detalle
O retorno é un elemento constituínte da propia condición do emigrante, ben se trate dunha simple visita á terra, ou ben dun regreso definitivo. Os adiantos tecnolóxicos nos medios de locomoción fixeron as viaxes máis curtas e en mellores condicións. O tráfico de emigrantes de retorno, sobre todo entre América e España, representou un puntal importante para asegurar a viabilidade das viaxes transatlánticas. Para as empresas aéreas os emigrantes representaron un mercado preferente dos seus ingresos. A liña aérea española Iberia foi intensificando a súa actividade a partir dos anos 50 e non tiña competencia como enlace entre as distintas capitais latinoamericanas e España.
Metadatos
  • Doante:
  • Data: 00/00/1980
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Serafín Portugal Soto