Material
Historias de ida e volta
Galicia onde todo retorna
As boas amizades perduran no tempo, Barallobre, 1979
Detalle
Lola emigrou a Venezuela con apenas 3 anos, acompañando a súa nai, ambas as dúas reclamadas polo pai, que marchara para traballar alí en 1950. Coma tantos emigrantes, os seus pais traballaron e integráronse no país de acollida pero sempre pensando no retorno á súa vila natal e mantendo os lazos afectivos e familiares con Galicia. Lembra que gozou dunha infancia e xuventude moi felices en Puerto La Cruz e Illa Margarita, onde se asentaron. Cando cumpriu 19 anos e pensando que se non regresaba nese momento xa non o faría nunca, os pais decidiron mandala vivir cos seus avós en Barallobre. Aínda que estrañaba os amigos, axiña se adaptou á vida cotiá galega coa súa familia. Anos despois tamén retornaron os pais. Pero Lola seguiu en contacto cos seus amigos e en 1979 recibiu a visita desta amiga venezolana na súa casa en Barallobre.Nas últimas décadas estase a producir o proceso inverso. Moitos e moitas emigrantes galegas e os seus descendentes retornan a Galicia en busca de novas oportunidades, fuxindo da caótica situación política e económica de Venezuela, un país cheo de oportunidades para todos os galegos e galegas que alí marcharon na segunda metade do século XX.


