Hostal-restaurante Canaima, Vigo, ca. 1998 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
Galicia onde todo retorna

Hostal-restaurante Canaima, Vigo, ca. 1998

Image 1
Detalle
O retorno das e dos emigrantes galegos non sempre se presenta de igual forma, está determinado baixo condicións diversas, que van desde a situación política e socioeconómica, que exerce de factor de expulsión do país de destino, ata causas moito máis íntimas, como o desexo de retornar á terra por causa da morriña ou simple cambio de etapa vital. En numerosas ocasións o retorno non é de anciáns senón de galegos en idade activa. Nestes casos, o retorno non é só físico, senón que leva consigo experiencia laboral, cartos aforrados e gañas de emprender un negocio propio. Establecementos coma este chaman a atención sobre experiencias vividas lonxe da terra e lémbrannos que para os seus donos pagou a pena volver. A través deses nomes gardan anaquiños doutras terras e recordan a súa condición de emigrantes.
Metadatos
  • Data: 00/00/1980
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Localizacións:
    orixe: Vigo, Pontevedra;