O asociacionismo de emigrantes retornados como ferramenta de integración social / Documento/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
Galicia onde todo retorna

O asociacionismo de emigrantes retornados como ferramenta de integración social

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Detalle
Un dos aspectos menos estudados do fenómeno migratorio é o retorno, sobre todo o caso concreto da integración social dos emigrantes tras o seu regreso a Galicia. As dificultades de adaptación do retornado vanse superando co apoio de familiares e amigos pero tamén existen outros mecanismos para axudar a refacer a nova vida en todas as esferas. Ademais do contorno máis próximo, o asociacionismo forma unha parte importante dentro da organización do novo universo dos galegos e galegas que volven reconstruír o seu novo fogar, atopar unha vivenda ou un traballo se a idade llelo permite. Os intereses comúns fan que se organicen como colectivo específico e creen asociacións de carácter basicamente cultural-recreativo, asistencial e reivindicativo. A participación e o volume de socios non son comparables ao caso das sociedades de emigrantes galegos nos distintos países de destino. Vemos aquí un carné de socio da Asociación de Emigrantes Retornados Marusía, creada en 2001 por un grupo de emigrantes retornados de Suíza.
Metadatos
  • Tipo de material: Documento
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Xesús Fernández Díaz