Andrea López Chao, unha mestra galega en Cuba a prol da educación e do progreso das mulleres | Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa

Andrea López Chao, unha mestra galega en Cuba a prol da educación e do progreso das mulleres

Andrea López Chao (Fotografado/a)
00/00/1923
Pouco se sabe da vida de Andrea López Chao, emigrante na illa de Cuba. Mais ela non foi unha de tantas mulleres sen estudos nin formación que na primeira década do século XX marcharon alén mar para traballar no servizo doméstico. A través da prensa temos noticia do seu labor como docente no Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, do que chegou a ser directora. Moi integrada na colectividade galega, ocupou o cargo de vicepresidenta da sociedade Hijas de Galicia, entidade centrada na protección e coidado da muller emigrante.
Ademais colaborou activamente no movemento feminista cubano. En 1923 participou, en representación desta entidade, no I Congreso Nacional de Mulleres. Nel interveu cunha conferencia en que defendía o papel da muller como parte fundamental da familia e como elemento esencial para a educación dos fillos, futuros cidadáns; unha idea progresista para a época pois recoñecía o papel da muller na sociedade: “En una palabra, la familia, y en su seno la mujer, es la destinada a educar la generación que crece para honra, defensa y engrandecimiento de la Patria”.
Tipo de material
Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa
Data
00/00/1923
Publicacións
Entidades
Mención: Centro Galego. A Habana
Localizacións
orixe: A Habana, Cuba
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas

Fonte: Eco de Galicia, n. 189 (22/04/2023)

Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega