Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
Memoria e voces femininas da diáspora galega

Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000

Image 1
Detalle
Mª Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, foi a voz por excelencia dos e das galegas na sociedade arxentina. Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1916. Cun profundo amor pola terra dos seus pais, desde moi nova participou nos festivais e recitais organizados polas asociacións galegas, nos que se intentaba preservar e defender a identidade cultural e lingüística de noso. Con 17 anos comezou a traballar na radio coa actriz Maruxa Villanueva e en 1941 participou na estrea mundial de Os vellos non deben de namorarse, que supuxo un fito para a nosa cultura.
Foi unha das fundadoras do programa de radio Recordando a Galicia. Este espazo semanal, creado en 1945 para defender e valorizar a imaxe da colectividade galega emigrada na sociedade arxentina, estivo en antena ata 1984. Por el pasaron as principais figuras da cultura do exilio e da emigración. Maruxa Boga converteuse nun símbolo da identidade de miles de emigrantes galegos e galegas que poñían a radio todas as semanas para escoitala.
Nesta imaxe está acompañada por Clotilde Iglesias, filla de Fernando Iglesias “Tacholas”, o seu compañeiro de tantos proxectos culturais e co que chegou a montar unha compañía teatral galega.
Metadatos