Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979) | Imaxe. Portada. Libro | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Portada. Libro

Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979)

Luís Seoane (autoría)
00/00/1952
O seu autor, Luís Seoane, foi o paradigma do intelectual polifacético, unha das personalidades máis activas e creativas da nosa cultura. Como defensor da integración de todas as artes, destacou en todas as iniciativas que emprendeu: pintor, debuxante e ilustrador; editor; escritor: poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta ou crítico literario; e promotor de multitude de iniciativas a prol da cultura galega.
A súa obra poética iniciouse en 1952 coa publicación de Fardel de eisilado, libro en que relata, dende a súa visión máis persoal, a epopea anónima da emigración galega e do exilio, vítimas da situación sociopolítica que se estaba a vivir. Considerado como a primeira obra de poesía social da posguerra, é un libro icónico da lírica galega cheo de ideais sociais e artísticos, no que prevalece unha linguaxe prosaica con remorsos épicos.
Descrición Fardel de eisilado
Tipo de material
Imaxe. Portada. Libro
Data
00/00/1952
Localizacións
orixe: Bos Aires, Arxentina
Localización física
Biblioteca Xeral do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega