Persoas que alicerzaron a nosa cultura: Vicente Risco - literato | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Persoas que alicerzaron a nosa cultura: Vicente Risco - literato

Vicente Risco (Obxecto de estudo)
Descrición Cuarta entrega da serie de 6 capítulos breves, dirixidos por Luís Baños Campo, sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco. Neste vídeo (5´ 23´´) coñecerás, da man de Nate Pazo, a súa faceta de literato. Formado primeiro no modernismo e posteriormente no saudosismo, Vicente Risco acabou asimilando o surrealismo e como autor foi un “escritor total” que cultivou todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, ensaio), mais foi coa súa novela O porco de pé (1928), unha crítica aceda ao arribismo, coa que deixou sen dúbida unha pegada imborrable na literatura galega.

A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 23 segundos
Entidades
Creación: Visualq.
Etiquetas