Carta de Carballo Calero a Seoane (1972) | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Carballo Calero a Seoane (1972)

Luís Seoane (Destinatario/a) · Ramón Piñeiro López (Mencionado/a) · María Ignacia Ramos (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Ricardo Carballo Calero (Remitente)
09/03/1972
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Instituto Nacional de Enseñanza Media “Rosalía de Castro”/ Profesorado/ Santiago de Compostela]


9 marzo 1972

Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:

Recibín a túa carta de felicitación con motivo das oposicións derradeiramente celebradas para cubrir en propiedade a cátedra de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago.
O amigo Piñeiro, coa súa admirable dilixencia, fixo chegar a nova aos catro puntos cardináis, segundo resulta das mensaxes que me veñen todos os días.
Realmente, a noticia é importante, pero non polo feito episódico de ter sido eu o protagonista cáxeque involuntario dos feitos, senón porque Galicia necesitaba e reclamaba desde hai tempo que se proveera esa cátedra. Eu pouco máis poderéi facer do que xa viña facendo. Intentaréi, como traballo inmediato, completar a miña Historia da Literatura Galega Contemporánea. Polo de agora, nin xiquera toméi posesión do cárrego, pendente de trámites administrativos.
A miña dona agradez moito os teus saúdos. De nós dous recibídeos moi cariñosas a túa dona e ti. E máis unha aperta moi forte do teu vello amigo.

R. Carballo
Tipo de material
epístola
Data
09/03/1972
Medidas
1 páxina
Entidades
Mención: Universidade de Santiago de Compostela
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta mecanografada, con firma autógrafa e o membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane