Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Perpetuando a lembranza a Rosalía, Padrón, 1957

Rosalía de Castro (homenaxeado/a)
00/00/1957
A colectividade galega residente en Lisboa participou no acto de inauguración do monumento erixido polos padroneses emigrados a Uruguai en recordo a Rosalía de Castro, poeta inmortal para o pobo galego. Foi un acto moi concorrido, no que tamén estivo presente a comisión delegada de Xuventude de Galicia, xunto ás autoridades e o resto de personalidades representativas da elite cultural galega. O presidente do Centro Galego de Lisboa depositou o escudo floral ao pé do monumento da escritora, realizado polo escultor José Mateos.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1957
Entidades
Mención: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Localizacións
orixe: Padrón, A Coruña
Localización física
Arquivo de Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fondo cedido pola Secretaría Xeral de Emigración