Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 2 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 2

Concha Diéguez (autoría)
Descrición Segunda sesión do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta segunda lección (42´ 11´´) trátanse os seguintes temas: as diferentes acepcións que aparecen no dicionario para o termo "ola" (explicadas desde o punto de vista semántico, ortográfico e fonético); as diferenzas entre as vocais abertas e pechadas no sistema vocálico galego; o alfabeto galego e o nome das súas letras e dígrafos; algúns aspectos culturais relacionados coa onomástica galega; os termos empregados para denominar os diferentes parentescos dentro da familia e as formas do posesivo e mais do artigo en galego.

A sesión foi emitida o día 22 de febreiro de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
42 minutos e 11 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Reverso Comunicación