Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 4 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 4

Concha Diéguez (autoría)
Descrición Cuarta sesión (60´ 43´´) do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta lección preséntanse as principais características das cidades galegas, así coma o vocabulario básico que empregamos para falar delas, e trabállanse aspectos comunicativos como aprender a preguntar por un enderezo concreto, ou saber darlle ti as indicacións a outra persoa que pregunta por un determinado lugar. No bloque gramatical trátase o demostrativo e a conxugación dos verbos estar e haber (empregados para expresar a localización).

A sesión foi emitida o 1 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
60 minutos e 43 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Reverso Comunicación