Verbas. Curso de lingua e cultura galegas. Sesión 8 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Verbas. Curso de lingua e cultura galegas. Sesión 8

Concha Diéguez (autoría)
Descrición Vídeo didáctico (42´ 08´´) coa oitava lección do curso de lingua e cultura galegas, impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta nova entrega aprenderás o léxico galego relacionado co teatro, o nome dos días da semana e mais os meses, e as expresións que se empregan para preguntar ou dicir a hora, e para indicar frecuencia. No bloque gramatical descubrirás como se conxuga o futuro de indicativo.

Material didáctico complementario.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
42 minutos e 8 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Reverso Comunicación