Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, <cite>ca.</cite> 1913 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913

Castelao (homenaxeado/a)
Esta sociedade foi creada como unha asociación instrutiva o 26 de abril de 1911 coa intención prioritaria de construír unha escola no seu concello natal. En Rianxo nacera o 29 de xaneiro de 1886 Daniel A. Castelao, referente da cultura e identidade de Galicia.
Na imaxe vemos os socios e socias de Hijos de Rianjo admirando un dos seus cadros, que ten como nome Camiño da festa de Guadalupe, a festa da súa patroa. A obra estivo durante uns anos na sede da entidade rianxeira en Bos Aires como unha das súas propiedades máis queridas, aínda que despois pasou a formar parte dos fondos do Centro Galego de Bos Aires.
Os emigrantes do concello de Rianxo crearon varias asociacións na capital bonaerense, como a Sociedad Protectora Agrícola y Cultural del Ayuntamiento de Rianjo (1923) ou o Centro Cultural de Rianjo (1929). Fusionáronse todas en 1930 baixo a denominación de Sociedad Cultural y Protectora de Rianjo. Castelao, durante o seu exilio, estivo moi vinculado a esta asociación, que lle tributou numerosas homenaxes.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Entidades
Arquivo depositario: Centro Noia-Rianxo. Bos Aires
Localizacións
orixe: Bos Aires, Arxentina
orixe: Rianxo, A Coruña
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fondo cedido pola sociedade Centro Noia-Rianxo