«A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta: As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina:

«A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959

Fernando Iglesias, máis coñecido como Tacholas, foi un dos actores galegos máis relevantes alén mar, dinamizador da vida cultural da emigración do Río da Prata. Ourensán de nacemento, emigrou cara a Arxentina en 1929. Axiña se integrou na vida cultural das asociacións galegas e participou nos seus festivais e celebracións con actuacións de gran sona. Actor de recoñecido prestixio, tamén no teatro e cine arxentinos, foi unha das grandes figuras da radio galega, fundador con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui da audición radiofónica Recordando a Galicia (1945), que o converteu nunha figura cotiá e familiar para miles de emigrantes. Nunca esqueceu a súa condición de galego e ourensán e durante toda a súa vida estivo vinculado coas entidades galegas, ben como socio, ben actuando e participando nas súas celebracións e festas, sempre na defensa da cultura e identidade galegas, con actuacións memorables cheas de amor e compromiso pola terra nai.
Na imaxe, a sociedade Hijos del Ayuntamiento de Maside y sus Contornos agradécelle a súa colaboración nun dos seus festivais. Esta entidade foi creada en 1915 con fins instrutivos e mutualistas.

Compartir:
Image 1