Fusión tras fusión, a unión que fai a forza: Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Fusión tras fusión, a unión que fai a forza: Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa

Dúas asociacións de emigrantes galegos en Arxentina —Centro Villamarín Perojano (1940) e Asociación Hijos de Arentey (1952)— chegaron a un acordo de unión para beneficio común dos seus asociados e constituíron así a que hoxe se coñece como Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa. Esta unión está marcada por unha historia de fusións de entidades antecesoras que se remonta ao primeiro terzo do século XX. Esta última tivo a aprobación do entón chamado Instituto Nacional de Acción Mutual, o 13 de xuño do ano 1990.
Desde a súa sede social, situada na rúa bonaerense Moreno, nº 3281, desenvolve unha intensa actividade como un axente cultural dentro da colectividade galega da capital arxentina. A súa finalidade está marcada polo desenvolvemento da cultura galega a través de divulgación das súas tradicións e folclore, este último encargado á agrupación Miña Terra. As cantareiras de Afolíes e o grupo teatral Alecrín tamén actúan como transmisores sociais da cultura galega en Bos Aires.
Nesta imaxe pódese apreciar un grupo de asociados compartindo bos momentos.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Etiquetas
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega