Verbas. Curso de lingua e cultura galegas. Sesión 11 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Verbas. Curso de lingua e cultura galegas. Sesión 11

Concha Diéguez (autoría)
Descrición Nova sesión (58´ 49´´) do curso de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Igual ca na sesión anterior, o eixo temático xira arredor da historia da literatura galega, centrándose nesta ocasión no período que vai entre o século XIX ata a actualidade. No bloque de contidos ortográficos e gramaticais trátase a acentuación diacrítica e os numerais ordinais.
A sesión foi emitida o día 25 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
58 minutos e 49 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Reverso Comunicación