Verbas. Curso de lingua e cultura. Sesión 15 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Verbas. Curso de lingua e cultura. Sesión 15

Concha Diéguez (autoría) · Borja Tobío (autoría)
Descrición Décimo quinta sesión (55´ 45´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez e Borja Tobío fannos un pequeno percorrido pola historia de Galicia (e nomeadamente pola historia social do idioma galego), desde cultura castrexa ata a Idade Media. No material complementario atoparás tamén información sobre os adverbios de tempo, de afirmación e de dúbida.

A lección foi emitida en directo o día 12 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
55 minutos e 45 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Reverso Comunicación