Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 16 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 16

Concha Diéguez (autoría) · Borja Tobío (autoría)
Descrición Décimo sexta sesión (1 h 6´ 17´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Tras as explicacións da sesión anterior, Concha Diéguez e Borja Tobío continúan co seu percorrido pola historia de Galicia (con especial fincapé na historia social do idioma galego), centrándose agora no período que abrangue desde os Séculos Escuros ata a actualidade. No material complementario tamén atoparás información sobre os adverbios de lugar, de modo, de dúbida e de negación.
A lección foi emitida en directo o día 15 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 hora, 6 minutos e 17 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Reverso Comunicación