Colaboración emigrante nas obras públicas da comarca, o cemiterio de Xerdiz en Ourol, 2022 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta: A pegada indiana na Mariña lucense:

Colaboración emigrante nas obras públicas da comarca, o cemiterio de Xerdiz en Ourol, 2022

Este fermoso e singular cemiterio foi construído en 1908 grazas ás doazóns de moitos dos veciños da parroquia de Xerdiz residentes na illa de Cuba. Dos 110 doantes, cuxos nomes aparecen nunha placa de homenaxe que se conserva, 64 eran emigrantes na Habana e achegaron máis do 75 por cento do custo total da obra.
Este camposanto conta cuns panteóns moi orixinais feitos en cantaría, que teñen unhas columnas moi traballadas e están coroados por cruces, santos, esculturas e diversos motivos relixiosos de gran calidade. Está situado nun espazo presidido por un fermoso cruceiro, na beira da igrexa e da casa reitoral, e conta cun amplo xardín.
Pódese dicir que é un dos cemiterios indianos máis representativos e bonitos da Mariña luguesa grazas á riqueza do patrimonio escultórico, que conserva en moi bo estado, como as cruces latinas e as esculturas que representan as penitencias, a trindade ou as piedades. Hai que destacar o excelente traballo dos canteiros da bisbarra comandados por Francisco Veiga, O Pena de Miñotos, artesán de gran sona.

  • Data: 2022
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Doazón do concello de Ourol
  • Localizacións:
    orixe: Xerdiz, Ourol, Lugo;
  • Nota legal:

    Agás indicación expresa, o CCG carece dos permisos para ceder os materiais publicadas nos fondos documentais

Compartir:
Image 1