Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Inauguración do grupo escolar José María Fernández Montenegro, Cervo, 1931

00/00/1931
José María Fernández Montenegro naceu en 1860 nunha parroquia do concello de Cervo chamada Lieiro. Sendo moi novo escolleu o camiño da emigración cara á Arxentina, país onde conseguiu alcanzar un notable éxito económico. O legado deste indiano foi de 60 000 pesetas, que foron destinadas á construción do edificio para albergar o grupo escolar que leva o seu nome, na súa parroquia de orixe. Este legado materializouno a súa viúva, Manuela Goñi Maíste.
A escola construíuse en San Cibrao, sobre un terreo cedido polo Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires. A solicitude para a realización do proxecto foi aceptada en 1929, ano do pasamento de José María. O 26 de xullo de 1931 tivo lugar a inauguración da escola, completamente equipada, e ao acto asistiu a viúva de José María e unha representación destacada da sociedade bonaerense. Na actualidade o edificio serve como sede do Museo Provincial do Mar de San Cibrao.

Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1931
Entidades
Mención: Centro Hijos del Partido de Vivero
Localizacións
orixe: San Cibrao, Cervo, Lugo
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega