Carlos Couto Pulido e a súa Villa Modesta, 1911 / Imaxe. Fragmento de publicación impresa/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A pegada indiana na Mariña lucense

Carlos Couto Pulido e a súa Villa Modesta, 1911

Image 1
Detalle
Carlos Couto Pulido, natural de San Xoán de Vilaronte (Foz), estivo emigrado na illa de Cuba, da que volta a principios do século XX. En 1903 casa con Modesta Couto Samaniego, filla do seu irmán Francisco Lois, que era un adiñeirado tabaqueiro na Habana. A cerimonia celébrase tras o seu retorno a Galicia, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo. Non se sabe moito sobre a vida deste indiano focego. O matrimonio tivo dous fillos, Carmen e Ramón. Fontes oficiais mostran que foi suplente do xuíz e do fiscal no primeiro terzo do século XX (en 1915 e 1920), o que demostra que a súa formación académica se orientou cara á rama das ciencias xurídicas. Carlos faleceu en Foz o 25 de novembro de 1932. Nesta imaxe presentamos esta fermosa vivenda, que obedece ao perfil de casas indianas da zona da Mariña lucense. Foi coñecida como Villa Modesta, o que nos fai pensar que a súa construción se realizou en honor á súa muller.
Metadatos
  • Mencionado/a:
  • Tipo de material: Imaxe. Fragmento de publicación impresa
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fot. reproducida de Bores Garamundi, F. (coord.) (2000): Casas de Indianos, Santiago, Xunta de Galicia
  • Localizacións:
    orixe: Foz, Lugo;