Verbas. Aula de lingua e cultura galega. Sesión 19 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Verbas. Aula de lingua e cultura galega. Sesión 19

Concha Diéguez (autoría)
Descrición Décimo novena sesión (46´ 43´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Concha Diéguez, apoiándose en cancións e recitados populares, axúdanos nesta lección a familiarizarnos co léxico que usamos en galego para nomear as partes do corpo e para describir as persoas. Tamén descubrirás varias páxinas web que che permitirán achegarte á nosa rica tradición oral. No bloque gramatical, aprenderás a conxugación verbal e mais os usos do pospretérito.
A lección foi emitida en directo o día 26 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
46 minutos e 43 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Reverso Comunicación