Verbas. Aula de lingua e cultura galega. Sesión 23 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Verbas. Aula de lingua e cultura galega. Sesión 23

Concha Diéguez (autoría)
Descrición Vixésimo terceira lección (49´ 48´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez convídate a facer un percorrido cultural e paisaxístico pola Galicia interior. Así mesmo, no bloque de contidos gramaticais, ensinarache cales son as estruturas que empregamos en galego para expresar o noso estado físico ou anímico; e tamén aquelas outras que usamos cando queremos dar a nosa opinión sobre algo ou achegar argumentos. Tamén aprenderás cal é a conxugación do futuro de subxuntivo, un tempo verbal usado en contextos literarios ou cultos, que acostuma a aparecer en oracións subordinadas ou dependentes.

Esta lección foi emitida en directo o día 10 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material complementario.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
49 minutos e 48 segundos
Entidades
Creación: Xunta de Galicia
Creación: Reverso Comunicación