A revista <cite>Céltiga</cite>, voceiro dun galeguismo moderado en América, (Bos Aires 1924 - 1932) / Imaxe. Cabeceira. Fragmento de publicación impresa/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O galeguismo en América

A revista Céltiga, voceiro dun galeguismo moderado en América, (Bos Aires 1924 - 1932)

Image 1
Detalle
Esta revista cultural ilustrada reaparece publicada en 1924 baixo a dirección literaria de Eduardo Blanco-Amor, Ramón Suárez Picallo e Eliseo Pulpeiro, recoñecidos galeguistas no seo da colectividade. Dende as súas páxinas difundiuse un galeguismo moderado e respectuoso, como se pode ver na sección “Idearium Galeguista”, na que se dá cabida a colaboracións de intelectuais arxentinos e galegos que en Galicia atopaban atrancos para expresaren as súas ideas políticas debido ás restricións da ditadura de Primo de Rivera.
Pódese dicir que Céltiga foi o punto de encontro da intelectualidade galega residente na Arxentina entre os anos 1924 e 1932. Nela publicáronse artigos sobre diversidade de temas galegos: por exemplo, nas seccións “Motivos de Crónica” ou “El momento de Galicia” analízase a actualidade galega e da colectividade. A revista, nun intento por achegarlles aos lectores a realidade cultural galega, incluía notas biográficas de artistas galegos, reproducións gráficas da súa obra, comentarios bibliográficos ou colaboracións literarias, así como informacións da colectividade e das asociacións de emigrantes (“Por nuestras sociedades”).
Tras un labor de recuperación, o CCG puxo á disposición dos e das galegas todos os números desta senlleira revista no seu web.
Metadatos