Cartel de propaganda no plebiscito polo Estatuto de autonomía de Galicia, 1936 / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O galeguismo en América

Cartel de propaganda no plebiscito polo Estatuto de autonomía de Galicia, 1936

Image 1
Detalle
Na campaña do plebiscito para o Estatuto de autonomía de Galicia participaron políticos, xornalistas, artistas e intelectuais. Luís Seoane, Camilo Díaz Baliño, Bernardino Vidart ou o mesmo Castelao deseñaron diversos carteis de propaganda a favor do Estatuto. O obxectivo era acadar unha ampla participación do pobo galego nese plebiscito e concienciar os galegos e galegas da necesidade de conseguir a ansiada autonomía política como un medio para lograr o desenvolvemento de Galicia como pobo. Esta campaña tivo un amplo eco na colectividade emigrada, que apoiou economicamente o proceso. Os e as emigrantes mandaban consignas nas súas cartas a familiares e veciños para que desen o si ao Estatuto e a autonomía de Galicia.
Metadatos
  • autoría:
  • Data: 00/00/1936
  • Tipo de material: Imaxe. Cartel
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Fundación Luís Seoane