Os recordos mexicanos de Bal y Gay
Caligrafías musicais
O erudito Varela de Vega repasa a traxectoria mexicana de Bal y Gay e dá conta da súa relación con grandes figuras da música.
Juan Bautista Varela de Vega (1933-2014), nado en Lugo, desenvolve a súa carreira como investigador dende Valladolid, onde chega de noviño. Os seus traballos adicados á música galega, especialmente ao compositor lucense Juan Montes, son prolíficos e fundamentais para a historiografía musical de Galicia. En maio de 2003, participa no congreso arredor de Jesús Bal y Gay, organizado pola Consellería de Cultura en Lugo, cidade orixinaria tamén do compositor. Na conferencia que se ofrece hoxe, e cuxos datos obtén de primeirísima man grazas ás súas conversas na casa do músico retornado en Madrid, Varela de Vega repasa a traxectoria profesional de Bal y Gay no seu exilio mexicano e enumera, con distintas anécdotas, as súas relacións coas grandes figuras internacionais da música que visitan México. Igor Stravinski, Aaron Copland, Carlos Chávez ou Erich Kleiber son algúns deles. O autor da refinada monografía de Chopin colabora, nestes anos, con Rodolfo Halffert, exiliado tamén e fundador de Ediciones Mexicanas de Música e da revista Nuestra Música.
Escoita a conferencia "Algunos recuerdos mejicanos de Jesús Bal y Gay":
Datos do fondo:
Colección: Consellería de Cultura. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.
Conferenciante: Juan Bautista Varela de Vega
Sinatura: CCPG_2005_017
Duración: 45:19 min.
Bibliografía de Varela de Vega:



