Mauricio Farto e a música folclórica galega
Caligrafías musicais
O destacado erudito coruñés Ramiro Cartelle explica a obra e actividade do folclorista galego Mauricio Farto Parra.
Ramiro Cartelle Álvarez (1935-2000), destacado intelectual coruñés especializado no eido musical galego, ofrece nesta charla pronunciada no Pazo Municipal da Coruña, o 13 de marzo de 1979, un percorrido exhaustivo pola obra e a actividade do compositor, director e recompilador do folclore galego Mauricio Farto Parra (1867-1947). Valisoletano de nacemento, dende moi novo vive na Coruña e inmediatamente se incorpora á vida musical galega. Como director musical participa en distintas agrupacións; entre outras, Rondalla Blanco y Negro, Cántigas da Terra, Queixumes dos Pinos... Cartelle pormenoriza o traballo de Farto como compositor dunha prolífica obra que enraíza nos sinais identitarios galegos grazas aos seus traballos recompilatorios da nosa música tradicional. En 1946, Mauricio Farto é elixido académico correspondente da Real Academia Galega. Nese mesmo ano tamén ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario pero a súa morte impídelle ler o discurso de ingreso: «Origen y procedencia de la canción». Escoita a conferencia:
Datos do fondo:
Sinatura: CART_063_01
Duración: 25:41 h
Col. Ramiro Cartelle-Biblioteca Municipal Estudos Locais (A Coruña). Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
A Colección Musical Ramiro Cartelle
No ano 2013, o Consello da Cultura Galega asina un convenio coa Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña onde se acorda que o CCG dixitaliza todos os documentos sonoros do Fondo Ramiro Cartelle -236 casetes- a cambio de obter unha copia para o Arquivo Sonoro de Galicia, onde está a disposición de investigadores para a súa escoita.
No seguinte enlace, pódese consultar a Colección Musical Ramiro Cartelle na Biblioteca de Estudos Locais.
ESCOLMA DE COMPOSICIÓNS DE MAURICIO FARTO NO ARQUIVO SONORO DE GALICIA
1. Gravación da actuación en directo o 17 maio 1977 no Teatro Castelao de Bos Aires do Coro Centro Galego de Bos Aires. Dtor. Carlos López García-Picos
Datos do fondo:
Sinatura: CART_063_01
Duración: 25:41 h
Col. Ramiro Cartelle-Biblioteca Municipal Estudos Locais (A Coruña). Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
Interpreta: O quer que lle quer.
Colección Pampillon. ASG-CCG
2. Canto de pandeiro de Mahía
Colección de lousas | Consello da Cultura Galega
Coro Cántigas da Terra. 1928
Quer que lle quer -A-1
Canto de pandeiro de Mahía B-1
ASG- OO-0472
Ver recurso
3. Aldeíña de Baldayo A-1 / Foliada da Mahía B-1
Los Chacareros. 1944
ASG-OO-0047
Ver ficha


