Caligrafías musicais

Caligrafías musicais

Rogelio Groba e Béla Bartók

Caligrafías musicais

Unha reivindicación das esencias da música popular na obra do compositor húngaro


Co gallo da celebración do centenario do nacemento do compositor, etnomusicólogo e pianista Béla Bartók (1881-1945), a delegación do Ministerio de Cultura na Coruña encárgalle ao mestre Rogelio Groba unha conferencia sobre o músico húngaro o 11 de xuño de 1981. Nunha exposición douta e ben estruturada, o compositor ponteareán repasa: a) datos biográficos, entre os que destaca as súas constantes viaxes e o exilio nos EE.UU.; b) a formación artística e as influencias que recibe de R. Strauss, Liszt, Debussy e Bach; c) a ideoloxía política e o compromiso social (e mesmo as penurias económicas que atravesou).
Deseguido, e co apoio de fragmentos de obras de Bartók, Groba resalta a importancia que para Bartók ten o folclore pois dedícase —coa axuda de Kodaly— á recollida de música tradicional por Europa, Turquía e África do Norte e ata chegar a recompilar máis de 8000 melodías e demostrar que os cantos populares proveñen de raíces comúns. Pero Groba non cualifica a Bartók como un compositor folclorista senón que afirma que «metamorfea» esta música tradicional, respectando a esencia, ata crear unha obra orixinal, emotiva e culta. Segue destacando os trazos da linguaxe bartokiana e os estilos polos que pasa e, con exemplos, fala da obra pianística, de cámara, orquestral e escénica do músico húngaro. En definitiva, Groba dita unha clase maxistral. Esta conferencia forma parte do Fondo Ramiro Cartelle da Biblioteca de Estudos Locais da Coruña e cuxos fondos sonoros tamén están no ASG.

Escoita a conferencia:

Datos do fondo:
Sinaturas: CART_0106_001
Duración: 47 min.
Fondo Ramiro Cartelle. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega agradécelle á Fundación Rogelio Groba a súa autorización para a difusión desta conferencia.

LIGAZÓNS ADICIONAIS
Fundación Rogelio Groba
Biblioteca Municipal de Estudos Locais

Colección de lousas. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
ASG-OO-0152
ASG-OO-0310

OUTROS FONDOS (pequena escolma):

Partituras


Gravacións sonoras:
Vinde a Compostela : canto I da Gran Cantata Xacobea 1992
Kiosco de música
Cruñesas
Anacos

Estrea absoluta de Cantata das cantigas, de Rogelio Groba.
Programa Concerto Día das Letras Galegas 2012, organizado polo Consello da Cultura Galega (en pdf)