Xornada - Arte + Pintura. 23 e 24 de abril de 2014

Arte + Pintura

Arte + Xornada

Arte + Pintura

23 e 24 de abril de 2014
Santiago de Compostela
Xornada
Arte +

Arte + Pintura

23 e 24 de abril de 2014 Santiago de Compostela

ARTE + PINTURA dan continuidade ás xornadas O lugar da pintura nos 90, organizadas en 1995 polo Consello de Cultura Galega. As citadas xornadas, coordinadas por Antón Castro e Juan de Nieves, foron un proxecto referencial tanto polos nomes das persoas participantes como polo oportuno do debate naquel momento: a pintura non é só unha técnica, o lugar da pintura non é só un obxecto (un cadro). O debate de entón enmarcábase no horizonte duchampiano e os seus protagonistas consolidaban unha tradición nunca falecida e á vez propoñían novos modelos para entender a pintura.


ARTE + PINTURA retoma o debate de hai 18 anos para reflexionar sobre como cambiaron os discursos, sobre como nos últimos anos as aperturas da práctica pictórica foron transformando e ampliando o concepto ou a definición de pintura.


As xornadas centran o debate en Galicia, onde nas últimas décadas a pintura foi unha categoría artística desenvolvida con grande intensidade. Confrontarase e relacionarase a práctica e a refl exión teórica da pintura galega actual co que se está a facer no eido nacional e internacional.

Ficha técnica 
Xornada
Arte +
Arte + Pintura
Cando
23 e 24 de abril de 2014
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Almudena Fernández Fariña
María Luisa Sobrino Manzanares
Participante
Berta Á. Cáccamo
Miren Doiz
Manuel Eirís
Din Matamoro
Tatiana Medal
Daniel Verbis
Relator/a
David Barro López
Antón Castro
Gloria Picazo
Isabel Sabino
Modera
Ánxel Huete
Chelo Matesanz
Juan Carlos Meana
María Luisa Sobrino Manzanares
Organiza
Consello da Cultura Galega