Futuros presentes: conversas sobre cultura e sustentabilidade

Xornada.

Futuros presentes: conversas sobre cultura e sustentabilidade

9-12 de febreiro de 2021
Xornada

Futuros presentes: conversas sobre cultura e sustentabilidade

9-12 de febreiro de 2021
Vivimos un momento de urxencia no que os diferentes sectores da cultura galega demandan axuda institucional para a súa supervivencia. Paralelamente á urxencia do momento, cómpre reflexionar sobre os posibles modelos culturais para saír da crise, entendendo que a "nova normalidade" poscovid deberá pensarse e definirse da maneira máis beneficiosa para todas.

Nese sentido, e no marco da axenda 20-30 e dos ODS, a vinculación histórica da cultura galega coa sustentabilidade nas súas diferentes dimensións (social, económica ou ambiental) podería ser unha oportunidade para optimizar as políticas culturais de cara ao futuro.

Con estas xornadas preténdese favorecer que as axendas políticas e culturais teñan en conta as dimensións da sustentabilidade como filosofía (e práctica) para o sector cultural galego, así como elaborar materiais concretos que guíen os criterios de sustentabilidade necesarios para desenvolver proxectos culturais.

A partir desta actividade, elaborarase un documento co decálogo de recomendacións para o deseño e implementación dun proxecto cultural sostible.
ASISTENCIA
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
Publicaranse os días indicados os relatorios e debates gravados.
Non é necesaria inscrición previa.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal