Novos medios galegos. A especialización importa

Xornada.

Novos medios galegos. A especialización importa

15 de xuño de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

Novos medios galegos. A especialización importa

15 de xuño de 2021 Santiago de Compostela
Alén da aparición de novos formatos e formas de xornalismo, o proceso de contar e recibir información tamén viviu nos últimos anos o auxe da chamada especialización coa aparición e creación de medios especializados, orientados a eidos concretos e a un público exixente e ben perfilado.

O caso galego non é diferente ao que foi acontecendo no resto mundo. O modelo dos medios xeralistas, con información de todo tipo e contido variado, foi quedando relegado para as grandes cabeceiras ou empresas de longo percorrido, namentres os proxectos máis novos apostan por examinar con lupa os temas que queren tratar, na procura de ser referentes no seu eido, especializando o seu traballo e, na maioría de casos, atopando na Rede un xeito de lanzar a súa información e o seu coñecemento.

Pasa o futuro dos novos medios necesariamente por esta especialización? Que os diferencia dos vellos modelos? Como se comporta o seu público? E os seus xornalistas? Aínda hai sitio para o papel?
ASISTENCIA
A actividade non será presencial e non é necesaria inscrición previa.
O debate terá lugar ás 19:00 horas o día 15 de xuño de 2021. O público pode acceder á emisión pública a través da web do Consello da Cultura Galega, da nosa canle en Youtube ou da plataforma Twitch. Unha vez finalizado, desaparecerá de Twitch para ficar unicamente nas canles habituais do CCG para consumo en diferido (Mediateca e Youtube). Podes participar a través do chat de Twitch.
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Programa
Novos medios galegos
Programa en PDF
Temáticas
Ficha técnica 
Xornada.
Novos medios galegos. A especialización importa
Cando
15 de xuño de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Coordinación
Carlos Pereiro
Relator/a
Rebeca Munín
Raquel C. Pico
Guillermo Rodicio
Roque Sanfiz
María Yáñez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)