Rosario Álvarez, presidenta do CCG
María Xosé Porteiro, directora do CDIF
Rosa Arcos e Luzia Oca González, coordinadoras
De pioneiras e andainas
O ciclo “De pioneiras e andainas”, impulsado polo CDIF desde o ano 2009, procura homenaxear o legado e o traballo de mulleres destacadas de Galicia a través do seu traballo e as súas experiencias. Nestas xornadas interveñen persoas expertas, investigadoras e, nalgúns casos, as propias protagonistas. Figuras como Elena Ferro, Marta Bobo, María Xosé Agra Romero ou Nieves Fernández Vidueira foron xa homenaxeadas neste ciclo nos últimos tres anos.
De pioneiras e andainas
Nieves Fernández Vidueira
A irmandade coa natureza
Xoves, 21 de outubro de 2021Santiago de Compostela
Xornada
Nieves Fernández Vidueira
A irmandade coa natureza
Xoves, 21 de outubro de 2021 Santiago de CompostelaUnha desas mulleres é Nieves Fernández Vidueira, que aínda que se define a si mesma como pastor, certamente é unha pastora, criadora de ovellas de raza galega, e vinculada a diferentes entidades activas na mellora do rural. Adherida á asociación ASOVEGA, ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) e á entidade “Pastos e Forraxes”. É ademais socia fundadora da Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira de Ovino e Caprino de Galicia (ADSG-Acivo), e participou activamente na Asociación de Criadores/as de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA) e na Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo. Como tantas mulleres do rural, a súa actividade non é única, senón que se multiplica case de xeito natural no seu entorno, participando de todos aqueles aspectos que conforman o seu espazo social, sendo ademais escritora, fotógrafa, tallista da madeira, deseñadora e creadora de traxes, disfraces e máscaras de entroido, sen perder de vista as innovacións en materia de produción ecolóxica.
Esta xornada, organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, pretende constituír un espazo de posta en valor e reflexión sobre a diversidade das contribucións das mulleres do rural, no mantemento dun espazo social, económico e natural, que se amosa vital na Galicia pasada e presente. Nela, o tempo de homenaxe mestúrase con tempo de memoria, de estudo, reflexión e cuestionamentos de futuro.
A historia de vida de Nieves Fernández Vidueira servirá como pretexto para reunir unha serie de voces de mulleres vencelladas ao rural, dende as actividades produtivas, dende o tecido asociativo, dende o mundo académico ou dende o institucional. A través das súas palabras e experiencias retratarán a diversidade coa que as mulleres rurais contribúen de xeito decisivo á sociedade galega, tratando cuestións que permitan entender e explicar os seus lugares e posicións no mundo do rural, así como expor e contrastar o xa feito, sen esquecer o que fica por facer.
Nieves Fernández Vidueira
A irmandade coa natureza
Xoves, 21 de outubro de 2021 Santiago de CompostelaRosario Álvarez, presidenta do CCG
María Xosé Porteiro, directora do CDIF
Rosa Arcos e Luzia Oca González, coordinadoras
9.45 horas Relatorio As mulleres rurais protagonistas do territorio. O compromiso coa calidade, a cultura e a contorna
Silvia Adán Belmonte, veterinaria e directora técnica de ASOVEGA e de CAPRIGA. Federación de Razas Autóctonas de Galicia- BOAGA
Presenta: Rosa Arcos
10.30 horas Relatorios e debate
Leccións aprendidas en proxectos de emprendemento rural e indíxena liderado por mulleres en Panamá, María Ángeles Sallé Alonso, doutora en Ciencias Sociais e especialista en Políticas públicas de desenvolvemento socioeconómico, igualdade e sociedade dixital
Saias, toxos e piñeiros. O monte e o forestal galego contemporáneo en clave de xénero, Ana Cabana Iglesia, doutora en Historia, profesora titular na USC e membra do Grupo HISTAGRA.
Presenta e modera: Luzia Oca González
11.30 horas Pausa
11.50 horas
Faladoiro Diversificando o futuro
Nos fíos do tempo, Miriam Fernández Otero, Proxecto de recuperación da tradición do liño coa Asociación de Mulleres Rurais A Insua (Vilaba), Taller Artesán Fusaiola. Autora do libro As mulleres da Insua e o liñoComezando de cero, inventando o futuro, Mónica Barro Duran, promotora do proxecto de crianza de galiñas araucanas (Xermade - Lugo) Facer da paixón un modo de vida, Dori Rodríguez, productora de viño ecolóxico na D.O. Ribeiro – Enocultura – Enoturismo. Adegas Celme (Castrelo do Miño – Ourense)
Un lugar cheo de vida, Llerena Perozo, proxecto de Agrocultura, Agroespazo “A Gargalleira” (Silleda – Pontevedra)
Presenta e modera: Isabel Naveira
16.00 horas Cartografía de Nieves Fernández Vidueira por Mariám Mariño Costales, técnica do CDIF
16.30 horas Entrevista a Nieves Fernández Vidueira a cargo de Mercedes Vázquez Saavedra, escritora, fotógrafa, viaxeira e correcamiños
17.30 horas Proxección vídeo Así é a Nieves a cargo da súa compañeira e asesora de Unións Agrarias Viana do Bolo, María Páez Pérez
17.50 horas Mulleres removendo o sector primario
Ana Corredoira Vázquez, produtora de leite ecolóxico, titular da explotación A Cernada e socia fundadora da coop. As Vacas da Ulloa
Presenta: Carmen Cajide Hervés
18.30 horas. Conclusións e coloquio
19.00 horas Peche coa proxección do vídeo O Museo da Nieves, onde a madeira e o fulión cobran vida
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Nieves Fernández Vidueira
A irmandade coa natureza
Xoves, 21 de outubro de 2021 Santiago de CompostelaSolicita a túa inscrición
Nieves Fernández Vidueira
A irmandade coa natureza
Xornada. Xoves, 21 de outubro de 2021Inauguración
- 2021-10-21 09:30:00
As mulleres rurais protagonistas do territorio. O compromiso coa calidade, a cultura e a contorna
- 2021-10-21 09:45:00
Silvia Adán Belmonte, veterinaria e directora técnica de ASOVEGA e de CAPRIGA. Federación de Razas Autóctonas de Galicia- BOAGA
Presenta: Rosa Arcos
Relatorios e debate
- 2021-10-21 10:30:00
Leccións aprendidas en proxectos de emprendemento rural e indíxena liderado por mulleres en Panamá, María Ángeles Sallé Alonso, doutora en Ciencias Sociais e especialista en Políticas públicas de desenvolvemento socioeconómico, igualdade e sociedade dixital
Saias, toxos e piñeiros. O monte e o forestal galego contemporáneo en clave de xénero, Ana Cabana Iglesia, doutora en Historia, profesora titular na USC e membra do Grupo HISTAGRA.
Presenta e modera: Luzia Oca González
Diversificando o futuro
- 2021-10-21 11:50:00
Nos fíos do tempo, Miriam Fernández Otero, Proxecto de recuperación da tradición do liño coa Asociación de Mulleres Rurais A Insua (Vilaba), Taller Artesán Fusaiola. Autora do libro As mulleres da Insua e o liño
Comezando de cero, inventando o futuro, Mónica Barro Duran, promotora do proxecto de crianza de galiñas araucanas (Xermade - Lugo)
Un lugar cheo de vida, Llerena Perozo, proxecto de Agrocultura, Agroespazo “A Gargalleira” (Silleda – Pontevedra)
Presenta e modera: Isabel Naveira
Cartografía de Nieves Fernández Vidueira
- 2021-10-21 16:00:00
Mariám Mariño Costales, técnica do CDIF
Entrevista a Nieves Fernández Vidueira
- 2021-10-21 16:30:00
Mercedes Vázquez Saavedra, escritora, fotógrafa, viaxeira e correcamiños
Así é a Nieves
- 2021-10-21 17:30:00
María Páez Pérez, compañeira e asesora de Unións Agrarias Viana do Bolo
Mulleres removendo o sector primario
- 2021-10-21 17:50:00
Ana Corredoira Vázquez, produtora de leite ecolóxico, titular da explotación A Cernada e socia fundadora da coop. As Vacas da Ulloa
Presenta: Carmen Cajide Hervés
Conclusións
- 2021-10-21 18:30:00
María Xosé Porteiro, directora do CDIF
Rosa Arcos e Luzia Oca González, coordinadoras
O Museo da Nieves, onde a madeira e o fulión cobran vida
- 2021-10-21 19:00:00
Ficha técnica
Xornada
De pioneiras e andainas
Nieves Fernández Vidueira
A irmandade coa natureza
Cando
Xoves, 21 de outubro de 2021Onde
Santiago de CompostelaLugar
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205
Coordinación
Rosa Arcos CaamañoLuzia Oca González
Organiza
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)Consello da Cultura Galega


