Revisando a nosa arte
Mon Vasco
A escultura inacabada
1 de marzo de 2023
A Coruña
Mon Vasco (Ramón Vasco Pardavila) (A Coruña, 1951-1983) pertence a unha xeración de artistas que nos anos setenta do pasado século marcaron novos rumbos na creación plástica en Galicia. Mon fíxoo desde a plástica tridimensional, buscando a través da escultura non só sintonizar coas correntes internacionais, senón tamén explorar novas opcións materiais e conceptuais.
A súa temperá desaparición non lle permitiu desenvolver unha prometedora traxectoria marcada desde os seus comezos por unha continua procura experimental, que canalizou cando en 1972 obtivo unha bolsa da Fundación Juan March para viaxar a África. O seu interese pola arte primitiva plasmouno en estilizadas esculturas de ébano e pau vermello nas que o oco comeza a ter un gran valor: «En África aprendín a utilizar o oco como un volume». En 1978, xunto con Chelín, Xoti de Luís, César Otero, Xaime Cabanas e Correa Corredoira, aos que se unirán Pepe Galán, Fermín Encinar, Alfonso Abelenda e os poetas Xavier Seoane e Manuel Rivas, funda A Galga, un colectivo aberto á reflexión sobre as novas problemáticas da creación contemporánea.
Depura a súa linguaxe e segue investigando, evolucionando e indagando nas referencias do orgánico e o espacial. Desde finais dos setenta busca dotar as súas esculturas dunha estruturación modular de carácter minimal. Co grupo Atlántica participa na súa primeira exposición en Baiona (1980), con pezas de vocación modular; no Centro Cultural de la Villa, en Madrid (1981), e no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela (1983), no que mostra pezas en granito cuxas formas xeométricas xogan coas superficies puídas e rugosas do material.
Faleceu o 10 de xuño de 1983 como consecuencia dun infarto. A súa escultura quedou definitivamente inconclusa.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Real Academia Galega de Belas Artes
Praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1
15001 A Coruña
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada Revisando a nosa arte
Mon Vasco
A escultura inacabada
1 de marzo de 2023
A Coruña
16:30 horas
Presentación
16:45 horas
‘Sacra saxa’. Mon Vasco e os colectivos artísticos galegos da Transición
Xurxo Taxes, historiador e comisario de exposicións
17:45 horas
Mon Vasco. Xeometrías orgánicas
Juan Monterroso, catedrático de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela
18:30 horas
Pausa
18:45 horas
Proxección
Imaxes para lembrar a Mon Vasco
Xurxo Lobato, fotógrafo
19:00 horas
Mesa redonda
Mon: amigo, colega e outras cuestións
Rosario Sarmiento, xestora cultural e comisaria de exposicións
Pedro Vasco, xestor cultural e presidente da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña
Correa Corredoira, pintor e debuxante
20:00 horas
Peche da xornada
LUGAR
Real Academia Galega de Belas Artes
Praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1
15001 A Coruña
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.