Conferencia - Luisa Muñoz Abeledo: O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930). Xoves, 30 de marzo ás 12:30 horas

Luisa Muñoz Abeledo: O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930)

CCG.Acolle | Conferencia

Luisa Muñoz Abeledo: O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930)

Xoves, 30 de marzo ás 12:30 horas
Santiago de Compostela
CCG.Acolle | Conferencia

Luisa Muñoz Abeledo: O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930)

Xoves, 30 de marzo ás 12:30 horas Santiago de Compostela
A Cátedra Juana de Vega do Departamento de Historia (Facultade de Xeografía e Historia) da USC organiza a conferencia "O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930)" que será impartida por Luisa Muñoz Abeledo, profesora titular no departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade terá lugar o día 30 de marzo ás 12.30 horas na biblioteca do Consello da Cultura Galega.

Nesta conferencia Luisa Muñoz mostrará a evolución da ocupación laboral dende unha perspectiva de xénero en Galicia en relación á modernización económica da rexión. Na mesma explicarase a participación laboral das mulleres e os homes durante o proceso de industrialización (1870-1930). A fonte histórica principal da investigación son os censos nacionais de poboación, pero esta información complétase con outras fontes estatísticas (Revista Xeográfica Estatística, Anuarios de Pesca), padróns de poboación así como fontes literarias e artísticas. Esta triangulación de fontes úsase para visibilizar mellor o traballo feminino e corrixir o subrexistro do mesmo na agricultura, a industria de transformación de peixe e o comercio, chegando a taxas de actividade laboral das mulleres que superan o 50%.

Luisa Muñoz Abeledo é profesora titular no departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de investigación GESPIC (Grupo de Estudios de Historia Empresarial y Sectorial. Pesca, Industria y Comercio) e do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais). As súas liñas de investigación inclúen o mercado de traballo e os niveis de vida dende unha perspectiva histórica e de xénero.
Coordina o proxecto nacional: La transformación de la estructura ocupacional en España, 1860-1970. Nuevas evidencias para ocupaciones no agrarias revisando los Censos de Población. PID2021-123863NB-C22. Ministerio de Ciencia e Innovación; AXENCIA Estatal de Investigación; 10.13039/501100011033; Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Entre as súas publicacións recentes destacan con Cristina Borderías e Xavier Cussó (2022) “Breadwinners in Spanish cities (1914-1930)”, Revista de Historia Industrial, nº 84, pp. 59-98; con Salomé Taboada Mella e Rosa Verdugo Matés (2019), “Determinantes de la participación femenina en el mercado de trabajo en la Galicia rural y urbana de 1920”, Revista de Historia Agraria, 79, 1-24. En prensa: con Isidro Dubert (2023) Gender, work, and family economies: wet nurses in rural Galicia (1850–1900), Rural History, 1-18. Published online by Cambridge University Press. https://www.doi.org/10.1017/S0956793322000164. Con Verdugo Matés, R. (2023) New Evidence for Women’s Labour Participation and Occupational Structure in Northwest Spain, 1877-1930, Journal of Interdisciplinary History.
Ficha técnica 
CCG.Acolle | Conferencia
Luisa Muñoz Abeledo: O traballo das mulleres na Galicia contemporánea. Unha perspectiva sectorial (1870-1930)
Cando
Xoves, 30 de marzo ás 12:30 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205