Xornada - Territorios Innovadores. Diagnose dos índices I+D+i en Galicia.

Territorios Innovadores. Diagnose dos índices I+D+i en Galicia

CCG. Acolle | Xornada

Territorios Innovadores. Diagnose dos índices I+D+i en Galicia


Vigo
CCG. Acolle | Xornada

Territorios Innovadores. Diagnose dos índices I+D+i en Galicia

Vigo
Nun contorno cada día máis aberto e globalizado, a competitividade dunha economía é o elemento determinante do seu nivel de benestar. Para Galicia, instalada dende fai anos nun dos espazos económicos máis desenvolvidos do mundo, é inviable o sostemento de vantaxes competitivas xeradas na etapa en que eramos un país en desenvolvemento: quer man de obra abondosa e barata, quer determinados recursos naturais desprotexidos. Nin unha cousa nin a outra son xa posibles no seo da UE.

A nosa posición competitiva como país vai depender, cada vez máis, de que sexamos quen de xerar vantaxes, baseadas en intanxibles, a partir dos procesos de I+D+i. Ninguén pon en dúbida xa que a Investigación, o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación constitúen un dos principais impulsores do crecemento económico duradeiro e sustentable. De feito, innovación, coñecemento, talento, creatividade son elementos comúns en tódalas economías avanzadas consideradas hoxe paradigmas de éxito.

Así, a capacidade dun territorio para desenvolver procesos de investigación, desenvolvemento e innovación convértese en crítica, ata o punto de condicionar a súa posición nun mundo cada vez máis estratificado en ámbitos espaciais que se diferencian atendendo á súa capacidade innovadora. Por este motivo, os gobernos tentan aplicar distintas políticas públicas para estimular a innovación.

Mais, para deseñar políticas axeitadas é imprescindible poder dispor dunha diagnose correcta de cál é a situación actual e que camiño temos percorrido ata o de agora. E non cabe dúbida que esa análise só será posible si se dispón da información axeitada. Información que ten que ser recollida a través de indicadores que reflictan con fidelidade os recursos que se empregan nos procesos de innovación, os axentes que participan neles e os resultados obtidos. Ademais, teñen que acadar o suficiente grao de homologación cos indicadores que adoitan utilizarse a nivel internacional para así poder facer comparativas con outros territorios.
Programa
Publicación
Territorios innovadores
Territorios innovadores Diagnose dos índices I+D+i en Galicia
Xosé Manuel García Vázquez, Autoría. Albino Prada, Autoría. María A. Quintás, Autoría. | 2008
Temáticas
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Xornada
Territorios Innovadores. Diagnose dos índices I+D+i en Galicia
Cando

Onde
Vigo
Lugar

Club Financiero de Vigo

Coordinación
Xosé Manuel García Vázquez
Participante
Isabel del Río Viqueira
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Javier López Martínez
Gustavo Marcos Cancela
Salustiano Mato de la Iglesia
Luis Moreno Diéguez
Albino Prada
María A. Quintás
Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Instituto Galego de Estatística
Universidade de Vigo