Cultura e autonomía

Foro Pensar o mundo dende Galicia

Cultura e autonomía

30 de novembro de 2023
Santiago de Compostela
Foro
Foro Pensar o mundo dende Galicia

Cultura e autonomía

30 de novembro de 2023 Santiago de Compostela
Dende 1983 ata hoxe o Consello da Cultura Galega leva corenta anos promovendo o debate, a pescuda e a creación arredor de diversos eidos do saber, mais tamén sobre cuestións que atinxen aos problemas e inquedanzas da sociedade galega no pasado, no presente e no futuro. Froito diso foi un amplo elenco de congresos, debates, xornadas, publicacións e informes. Recollendo o legado do feito na súa historia, mais con proxección cara ao futuro, o Consello da Cultura Galega propón un foro de reflexión arredor de cuestións candentes no mundo actual, estruturado en oito xornadas con periodicidade mensual (de marzo a novembro de 2023) nas que se abordarán temáticas moi presentes nas actividades da institución, como a posverdade na información, a economía da cultura, os desafíos para o humanismo das novas tecnoloxías, a calidade da democracia, os retos presentes e futuros do feminismo, o papel do galego nunha sociedade multicultural, a sustentabilidade da economía global e o papel do patrimonio e da paisaxe. Máis de corenta personalidades do mundo cultural, científico e académico galego, ibérico e mundial daranse cita en Santiago de Compostela para reflexionar, debater e profundar na interpretación dos desafíos desta terceira década do século XXI, con vontade interdisciplinaria e dialogante. Dende Galicia, recollendo a tradición iniciada hai máis dun século pola Xeración Nós e polo Seminario de Estudos Galegos, aspiramos a repensar o mundo e a sermos unha célula de universalidade.

O obxectivo desta xornada é analizar as relacións entre o proceso de creación da autonomía e a institucionalización da cultura, da cal o Consello da Cultura Galega, creado pola Lei 8/1983 do Parlamento de Galicia, que desenvolve o artigo 32 do Estatuto de autonomía de Galicia, é o exemplo máis importante.

Para participar nas conferencias, na mesa redonda e nos debates, contaremos con dirixentes políticos que participaron no deseño do Estatuto (Pablo González Mariñas) e na posta en marcha do Consello da Cultura Galega (Víctor Vázquez Portomeñe), así como con expertos que analizarán sectorialmente o papel da cultura na democracia, tanto en España (Giulia Quaggio) como, de forma máis concreta, en Galicia (Rosario Sarmiento e Marcos Lorenzo).
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Foro.
Foro Pensar o mundo dende Galicia
Cultura e autonomía
Cando
30 de novembro de 2023
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Ramón Villares
Relator/a
Pablo González Mariñas
Marcos Lorenzo
Giulia Quaggio
Rosario Sarmiento Escalona
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
Organiza
Consello da Cultura Galega