Xornada - A arquitectura fortificada da Idade Moderna como construto da fronteira miñota. 3 de maio de 2024

A arquitectura fortificada da Idade Moderna como construto da fronteira miñota

Xornada

A arquitectura fortificada da Idade Moderna como construto da fronteira miñota

Conversas na Raia

3 de maio de 2024
Vila Nova de Cerveira
Xornada

A arquitectura fortificada da Idade Moderna como construto da fronteira miñota

Conversas na Raia

3 de maio de 2024 Vila Nova de Cerveira
O 1 de decembro de 1640, tras a toma do Palacio de Ajuda (Lisboa) e a proclamación do Duque de Bragança como João IV, rei de Portugal, comezou a Guerra da Restauração, que acabou desencadeando a independencia de Portugal con respecto á coroa de Castela. Unha das consecuencias inmediatas do inicio da guerra foi a necesidade de modernizar as defensas medievais que se localizaban ao longo da fronteira entre Portugal e España. Tratouse dun proceso construtivo complexo e de grande impacto na zona norte, especialmente na Raia Húmida, que transformou totalmente a paisaxe defensiva a un e outro lado do río Miño. Hoxe, estas fortificacións constitúen un rico patrimonio que se estuda dende diferentes ámbitos disciplinarios e que continúa crecendo cada día grazas á combinación de novas tecnoloxías con estudos máis tradicionais e ao enfoque cada vez máis transdisciplinario na investigación das paisaxes defensivas. Constitúen tamén un reto para a xestión patrimonial polo seu propio carácter transfronteirizo, outro dos valores que singularizan estas paisaxes, así como para a cooperación interadministrativa nesta xestión. Retomamos con este tema Conversas na raia, unha iniciativa en que o Consello da Cultura Galega e a Universidade do Minho colaboran con diferentes municipios raianos sobre aspectos culturais que os irmandan.
Ficha técnica 
Xornada
A arquitectura fortificada da Idade Moderna como construto da fronteira miñota
Conversas na Raia
Cando
3 de maio de 2024
Onde
Vila Nova de Cerveira
Lugar

Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira
Solar dos Castros
Terreiro (Praça da Liberdade), nº4
4920-296 Vila Nova de Cerveira

Coordinación
Rebeca Blanco Rotea
Jorge Martins
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Colabora
Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira
Concello de Tomiño
Universidade do Minho

Imaxe da portada: Fotografía de Jorge Martins